Friday 17 de May de 2024

Ortigueira activará un plan especial de emerxencias ante as previsións meteorolóxicas adversas


• O Grupo de Emerxencias Supramunicipal dobrará o servizo habitual desde as 22:00 horas desta noite ata as 22:00 horas de mañá.

O Concello de Ortigueira poñerá en marcha un plan especial de emerxencias coa finalidade de reforzar a seguridade e previr posibles incidencias entre a poboación por causa das previsións meteorolóxicas adversas previstas para esta tarde e mañá.

O parte meteorolóxico anticipa a chegada de abundantes choivas e fortes ventos no litoral desde última hora de hoxe e ata a última hora de mañá, polo que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal dobrará os servizos normais desde as 22:00 horas desta noite, ata as 22:00 de mañá, actuando con todos os efectivos que o integran se a situación así o requirise.

Desde o goberno local fan un chamamento á prudencia da cidadanía e inciden na importancia de seguir as directrices de seguridade para evitar incidencias.